Turismo Micolóxico
Qué Facer > Turismo Micolóxico

O Concello de A Veiga reúne as condicións especiais para a práctica de turismo micolóxico, especialmente para os amantes da recollida de cogomelos.

Para todos aqueles aos que lles gusta camiñar polo monte, a recolección de cogomelos pode converterse nunha paixón co que poder encher de ilusión e goce as fins de semana do outono. É certo que a recolección de cogomelos pode practicarse durante distintos momentos ao longo do ano, mais os meses de outono son os preferidos polos afeccionados e por aquelas persoas que se inician nesta gratificante e saudable actividade que ofrece moitas recompensas como, o pracer da excursión, a experiencia da busca, e como non, a gastronómica.

O Concello de A Veiga é un destino ideal para os fins de semana de outono e máis nos meses de outubro e novembro cando se converte no paraíso da micoloxía.

Nas carballeiras, praderías e piñeirais de A Veiga poden atoparse innumerables clases de cogomelos e as máis exquisitas variedades de Agaricus, Boletus, Cantharellus, Lactarius, e Lepiotas, entre outras.

Autorizacións:

Todas aquelas persoas que desexen recoller cogomelos neste Concello deberán contar con unha autorización que poderán solicitar nas Oficinas Municipais.

Dispomos de unha autorización especial para as persoas aloxadas en establecementos turísticos.

Tipos de autorizacións e requesitos:

Autorización Requisitos Validez Cota
Turística Estar aloxado nalgún establecemento turístico de A Veiga 1 Día 6€
Fin de semana 10€
Foráneos Deberán solicitar previamente á recolleita a correspondente autorización nas Oficinas Municipais

1 día ata 5kg

mensual

Anual

8€

40€

200€

Veciñal

Persoas empadroadas no Concello.

Persoas poseedores de patrimonio rústico ou urbano no Concello.

Herdeiros de patrimonio rústico ou urbano

4 anos gratuito

Consellos:

  • Ten sempre presente que as primeiras veces que saias a recoller cogomelos, deberás ir con alguén con experiencia, así evitarás perigos innecesarios e gozarás desta actividade de natureza e turismo rural.
  • Equipamento. É aconsellable coñecer a zona antes de desprazarse, mediante mapas, aplicacións de móbil ou GPS; levar roupa e calzado adecuados, auga, algúns alimentos e o móbil con batería suficiente. Tamén se debe realizar a actividade respectando as horas de luz natural e informándose previamente sobre se hai algunha cacería pola zona.
  • Uso de ferramentas. Para recoller os cogomelos, nunca utilices anciños e evita remover o chan que os rodea, xa que pode danar o micelio, o que dificultará a aparición de novos exemplares. Na maioría das especies, a mellor maneira de recollelas é cortalas a ras do chan cunha navalla. Mais hai outras como os boletus que nunca deben ser cortados, pois podrece o micelio.
  • Recollida. Hai que recoller cogomelos desenvolvidos e sans, evitando os exemplares vellos ou moi novos, e ter en conta que se están abichadas non son aptas para o consumo e que as demasiado maduras son indixestas e é conveniente deixalas no monte para que diseminen as súas esporas.
  • Cesta de vimbio. Para transportar o que vaias recollendo, utiliza unha cesta de vimbio, mais nunca unha bolsa de plástico xa que en bolsas os cogomelos non transpirarían e chegarían en malas condicións a casa. Ademais levalo todo nunha cesta, permite a caída ao exterior das esporas dos cogomelos.
  • Guía. Leva unha guía para identificar os cogomelos velenosos e nunca, nunca recollas unha no caso de dúbida sobre a súa toxicidade
  • Permisos especiais. Tamén debes ter en conta que para recoller cogomelos no Concello de A Veiga é necesario dispor dunha autorización.
  • Ler Máis