A contemplación da choivas de estrelas das Perseidas (agosto) e das Xemínidas (decembro); a marcha nocturna "Entre Lobos e Estrelas" (coincidindo coa lúa chea de setembro); as xornadas de "AstroTrevinca" (outubro); choco-anoiteceres e concertos musicais "Nanas para Trevinca" desde o Miradoiro Estelar de O Rañadoiro constitúe as principais actividades organizadas baixo o paraugas do Destino Turístico Starlight.
O Destino Turístico Starlight é un espazo triangular limitado polos vértices da Tablilla dás lagoas, Pico Maluro e O Rañadoiro, dentro do Espazo Natural Protexido de Pena Trevinca, declarado zona LIC e Zepa no municipio da Veiga, colindando co Parque Natural de Sanabria.
Trevinca goza de excelentes calidades para a comtemplación dos ceos estrelados por estar afastado dos grandes núcleos de poboación e pola súa altitude.
Con data 04 de agosto de 2015 foi recibida a certificación por parte da Fundación Starlight coa cualificación de Trevinca como Destino Turístico Starlight.
A Fundación Starlight creou o Sistema de Certificación Starlight, avalado pola UNESCO, a Unión Astronómica Internacional e a Red de Coñecemento da Organización Mundial do Turismo, para a protección dos ceos nocturnos como parte dos nosos recursos naturais e ademais promover os valores científicos, culturais, naturais e paisaxísticos asociados.
Os destinos turísticos Starlight son lugares visitables, que gozan de excelentes cualidades para a contemplación dos ceos estrelados e que, o estar protexidos da contaminación luminosa, son especialmente aptos para levar a cabo actividades turísticas baseadas neste recurso natural.
Os destinos turísticos Starlight non só deben acreditar a calidade dos seus ceos e medios para garantir a súa protección, senón tamén as adecuadas infraestructuras e actividades relacionadas coa oferta turística e a súa integración na natureza nocturna .
A Fundación Starlight creouse no ano 2009 tras a “I Conferencia Internacional Starlight”, é unha entidade con personalidade xurídica propia, cuio obxectivo é a difusión da astronomía e a coordinación , xestión, e impulso dos principios e filosofía do movemento Starlight , ofrecer un modo distinto de cuidar e defender o ceo e valoralo coma recurso necesario para a vida e como patrimonio intanxible da humanidade.