O Concello da Veiga, declarado municipio turístico galego, e seleccionado como municipio turístico sostible, deseñou o seu desenvolvemento turístico en tres eixos fundamentais: o aproveitamento do espacio natural protexido Pena Trevinca, o aproveitamento do Encoro de Prada e o aproveitamento dos seus recursos arquitectónicos.
O Concello consciente de que posúe un importante legado etnográfico, cunha grande cantidade de teares, forxas, fornos, muiños, pombais, palleiras, chouzos e outras edificacións semellantes, toma a decisión de protexer os núcleos rurais de especial relevancia e así nas normas urbanísticas municipais protéxense integralmente os lugares de Xares, Ponte, Candeda e outros.