BTT Trevinca é un punto deportivo-turístico que ofrece unha ruta para bicicleta de montaña e sendeirismo ,a Senda Verde do Xares, e unha serie de equipamentos e servizos complementarios para disfrutar da riqueza paisaxística do Encoro de Prada e do espazo natural “ Pena Trevinca” .
Atopamos nesta ruta: praias e areais, aldeas ribeireñas, illas e “ esa brisa que, aínda nos veráns mais calorosos, vai enguedeñando toda herba que medra nos prados e lameiros do Xares”. A natureza constitúe o atractivo máis importante deste punto turístico-deportivo . As augas caladas e miúdas do encoro de Prada permiten desfrutar das Praias dos Franceses e de O Coiñedo , do Catamarán St. Ma. De Alberguería , descubrir a bordo dunha piragua os areais máis recónditos e solitarios, realizar rutas de sendeirismo acompañados polo manto verde dos prados e bosques de Trevinca.
BTT Trevinca presta os seguintes servizos:
Consellos e Recomendacións:
Oficina de Turismo (A Veiga)
Lat: 42.2503733492 Long: -7.02782489354 Uso:29
Praia dos Franceses