Conta a lenda que no interior desta cova habita unha fermosísima moura. O rompelo día a moura abandona o seu recuncho de pedra para saír a sentarse a beira do río.
Alí peitea os seus longos cabelos dourados cun peite de ouro, mentres espera a que as mozas de Corzos que gardan o gando se acheguen. No momento en que pasan o seu carón a moura deixa caer o seu peite.
Se a moza se para a recoller o peite, a moura premia a súa bondade cunhas moedas de ouro.
Se a moza segue o seu camiño e non se detén, a moura castiga o desdén da doncela converténdoa nunha pedra máis das moitas que hai no lugar.
As mouras son un dos persoeiros mitolóxicos galegos máis coñecidos.
Son seres sobrenaturais presentes na mitoloxía de tódolos países célticos. As mouras son fadas dotadas de poderes máxicos,que
A palabra "cántara" pode ter dous significados, os dous igualmente válidos e aceptados para explicar a orixe do nome do lugar, se ben dado o carácter rural, campesiño e cotián do térmo semella que cántara coma recipiente resulta o acertado.
A paisaxe está dominada por grandes bolos graníticos asentados no curso do río e nos prados e lameiros.
A súa espectacularidade radica nas múltiples e variadas formas labradas do granítico polos axentes xeolóxicos ó longo de milleiros de anos.
O granítico é unha rocha ígnea plutónica composta esencialmente por cuarzo, feldespato e mica. As rochas ígneas (do latín ignis (fogo ou lume) formanse cando o magma se enfría lentamente baixo a superficie terrestre. Como este magmaten menos peso específico que a corteza continental vai ascendendo cara a superficie solidificandose antes de chegar.
Unha vez na superficie a auga de chuvia, que é lixeiramente ácida, transforma os feldespatos en caolín producindose así a destrucción do macizo rocoso en xabre, polo que só quedan os bolos, que son a parte máis dura da rocha.
A paisaxe da Cántara mostra os grandes bolos de granito erosionados durante millóns de anos polos ventos e as chuvias desta terra de alta montaña.
A Cántara da Moura está situada nunha zona onde existen moitas covas, sendo a máis famosa a chamada “cova dos escapados”. Nesta cova refuxiáronse durante meses os escapados da Guerra Civil pertencentes ao bando republicano.
A esta cova só se podía acceder por un pequeniño burato, o que lle poñían unha escaleira para baixar, que quitaban de seguido unha vez que entraban. Conseguían sobrevivir semanas enteiras sen saír gracias a que nesta cova o río vai soterrado e podían pescar as troitas negras do Río Corzos.
Outra cova moi coñecida é “o cubo”, igualmente empregada para agocharse os escapados. Esta cova ten sete bocas de entrada, o que lles permitía aos escapados burlar doadamente os seus perseguidores, entrando por unhas e saíndo por outras.
Estas covas foron testemuñas dos fuxidos, escapados, maquis ou guerrilleiros que protagonizaron a guerrilla antifranquista "votándose ó monte".