O catamarán de “Santa María de Alberguería”, ten capacidade para 8 persoas e funciona regularmente durante os meses de xullo e agosto ( 4€/ persoa ( mínimo de 5 pasaxeiros) o resto do ano baixo petición anticipada sempre e cando o permitan as condicións meteorolóxicas).
Realiza un percorrido que dura aproximadamente 1 hora polo encoro de Prada visitando a Illa de Prada e os numerosos recunchos que se forman o longo dos case 8 quilómetros do encoro, achegandose as aldeas ribeireñas e brindando os seus pasaxeiros unhas vistas moi diferentes ás que están habituados.
As reservas para o uso do catamarán realizanse na Oficina de Turismo da Veiga.
Os prezos poderán estar suxeitos a modificación por parte do Concello.