A Casa dás Pedriñas, tamén coñecida como a Casa do Bailarín é obra do pintor e escultor Daniel Mancebo, ou coñecido como "Gaudí da Veiga", quen dedicou 25 anos da súa vida para levantala.
O seu autor colocou a primeira pedra no ano 1970, e serviuse de todos os medios que tiña ao alcance para a súa construción. O visitante tópase cunha casa recuberta de pequenas pedras de cores, cunchas, anacos de vidros, botellas, etc