Hai 100.000 anos , durante a glaciación de Würt, a última das glaciacións do cuaternario, cando os grandes xeos cubrían a superficie terrestre , unha grande masa de xeo instalouse no macizo de Pena Trevinca, formando un glaciar de meseta.
Un espeso manto de xeo derramabase en profundas lenguas glaciais seguindo o curso dos ríos Tera, Xares e Bibei , que descenden dende o macizo, formando anchos e profundos vales glaciais coa característica forma en “U”.
Hai 10.000 anos a glaciación terminou, os xeos foronse retirando e as linguas glaciais deixaron ao descuberto amplos e profundos cañons.
Pero a Glaciación de Würm non modificou únicamente os vales de Trevinca senón que o xeo, ó desplazarse, non só deu orixe a un dos maiores lagos de orixe glaciar, o Lago de Sanabria, senón que orixinou innumerables lagoas diseminadas polo macizo de Trevinca, dando orixe ó maior conxunto lagunar máis importante , despois do Pirineo, da península ibérica.
Unha grande parte destas lagoas atópanse no territorio galego do Macizo de Pena Trevinca:
Lagoa situada a 1.697 m. perto do Alto do Fial na que, conta a lenda que, todas las noites de San Xoán, dende o tempo dos mouros, sobre unha pulida rocha á beira da lagoa, aparece unha fermosa princesa de cabelos cor acibeche, princesa que o resto do ano vive na lagoa transformada en serpe. Só un valente a arriscado mozo será quén de romper o maleficio.
As lagoas da Xanzanal están situadas por riba dos 2.000mts. a medio camiño entre o Pico do Piatorta e o Pico de Pena Trevinca, perto do nacemento do Regueiro da Estaca, nunha ampla zona coñecida coma O Xanzanal, que toma o seu nome da Xanzá (Genciana lutea) cuia raíz tén propiedade mediciñais e contén a sustancia máis amarga coñecida: a amarogenciana.
Estas lagoas son de carácter estacional e estan formadas por unha masa de musgos chamados “Sphagnum” que reteñen a auga coma esponxas que van cedendo pouco a pouco ó longo do verán contribuíndo ó mantemento da humidade e do escaso caudal dos regueiros.
Lagoa situada a 1.525 mts. aprox. perto dos Picos de Ocelo(1.600 mts).
Dín que a denominación de Ocelo provén de “ceo“ polo que estaríamos a falar da Lagoa de O Ceo, existindo na toponimia desta zona lugares coma:
“As portas do Celo”. “Lamas de Celo baixo”. “Lama da arriba do Celo”.
Lagoas naturais, represadas, situadas na zona da Morteira, a 1.686mts. o pé dos Picos de O Celo, dentro do valado de caza maior dos Montes de Xares
Entre a flora destaca a Klasea legionensis (Lacaita), unha especio en perigo de extinción endémica das provincias de Zamora e Ourense. Desenvolvese sobre sustratos ácidos por riba dos 1000 metros de altitude, no macizo de Trevinca pódese atopar ejemplares ata os 1750 metros de altitude. É unha especie seriamente amenazada debido o aumento de vías de acceso e a desaparición dos usos tradicionais de xestión dos matorrais.
As cinco Lagoas de Piatorta, están situadas no cordal que une os cumes de Pena Trevinca e o Montalvo a 1.872 mts. de altitude, no límite entre as Provincias de Ourense e Zamora.
Parte destas lagoas están situadas no Parque Natural do Lago de Sanabria, as lagoas da Berbiñeira, mentras que outras pertence ó Espacio Natural de Pena Trevinca, as lagoas da Piatorta.
Estas lagoas que dan orixe a unha serie de pequenos cauces que constitúen as fontes do Río Bibei que verten as súas augas o Río Miño mentras que outras destas lagoas verten as súas aguas o Río Tera que as conduce o Río Douro.
Na zona podemos atopar exemplos do ecosistema de TURBEIRAS, un tipo de hábitat natural recollido na Directiva Habitats da Unión Europea (92/43/CEE), co código 7110 (Turbeiras altas activas). Concas lacustres de orixe glaciar repletas de material vexetal descomposto, que se coñece coma turba de auga dulce.
As lagoas das Tres Marras situanse a 1.945 Mts., perto do Alto do Torno na zona coñecida coma Foio Franco na mesma linde con Sanabria.
As lagoas dos Patos son tres lagoas situadas a 1.670 mts, perto das fontes do Río Canda, no coñecido coma Val da Cerva.
Co nome de As Laguas coñecense a tres lagoas situadas ó redor dos 1.500 mts, perto dos Montes das Lastras.
As Tablillas das lagoas, é unha zona de lagoas de carácter estacional, situadas a 1.522 mts. na mesma linde entre Sanabria e Trevinca, perto da estrada de Valdín- Porto.
Estas lagoas atopanse a uns 1.500 mts , na mesma linde entre Trevinca ( A Veiga ) e Sanabria ( Porto ) , no lugar coñecido coma a Mallada . O termo mallada provén do latín “ magalia” , cabana ou chouza , onde se refuxian os pastores e se garda o gando pola noite. Na parte galega coñecese o lugar coma a Mallada de Baños e na parte sanabresa coñecese coma a Mallada dos Currais.
Lagoa situada a uns 1.500mts, na zona coñecida coma A Tablilla das Lagoas , na mesma linde entre Trevinca ( A Veiga ) e Sanabria ( Porto ). Esta lagoa dá orixe ao Regueiro da Congosta, que verte augas abaixo ao Río Canda.
Esta lagoa que toma o nome de orixe prerromano de Veiga: “Vaica“ terreo inundado e fértil ,normalmente atravesado por un río.
Abundan na zona outras veigas : coma As Veigas de Cima, A Veiga do Meo, A Veiga Redonda e A Veiga do Espiñeiro.