Dende a portela da serra calva (1520 m.s.n.m.), no límite do Concello da Veiga e o municipio de Porto de Sanabria, a senda percorre un territorio con abondosas lagoas e charcas estacionais.
No inicio avanza en dirección nordeste ata o cumio do Sestil da Calva (1757 m.s.n.m.) e logo cara á Lagoa de Ocelo. Esta senda conecta aquí co PR-G 200 e coincide co seu trazado ata a Lagoa da Serpe.
Posteriormente segue ata preto do nacemento do río Xares para xuntarse co PR-G 198.
O trazado da Integral da Serra Calva acumula 21km, pero haberá que reservar forzas para regresar outro tanto pola mesma senda ou baixar ata Vilanova ou á Ponte mediante os outros sendeiros. É unha ruta esixente, apta únicamente para facela completa en verán e con bo tempo, que precisará dunhas 7 horas só dende as Lagoas de Pena Trevinca.
Pero o retorno pode precisar do mesmo tempo, salvo que descendamos ás poboacións antes indicadas.
Non hai fontes durante o percorrido.
Ano Homologación | 2016 |
---|---|
Punto de partida/chegada | Portelo de Serra Calva - As Lagoas das Tablillas (Estrada de Valdín (A Veiga) a Porto de Sanabria) Estrada de montaña |
Accesos | Portelo de Serra Calva - As Lagoas das Tablillas (Estrada de Valdín (A Veiga) a Porto de Sanabria) Estrada de montaña |
Puntos de interese: | Lagoallos da Serra Calva, o Sestil da Calva, Pico de Ocelo, Lagoa de Ocelo, Lagoa da Serpe, Alto de Turrieiro, nacemento do río Xares, Pena Trevinca. |
Enlaza con | PR-G 198 e PR-G 200 |
Horario: | 15 horas (ida e volta) | 4 | severidade do medio natural | |
---|---|---|---|---|
Desnivel de subida: | 1560 m. (i/v) | 3 | orientación no itinerario | |
Desnivel de baixada: | 1560 m. (i/v) | 2 | dificultade no desprazamento | |
Distancia horizontal: | 42 km. (i/v) | 5 | cantidade de esforzo necesario | |
Tipo de percorrido: | lineal (ida/volta) | Mapas IGN 1:25.000: 228-IV, 229-III | ||
(www.euromide.info) |