Lonxitude: 34 km.
Duración estimada: 10 horas.
Dificultade: media.
Partindo da antiga ponte da Veiga, iníciase o percorrido ao longo do paseo fluvial ata chegar á zona de o Coiñedo.
Dende este punto o sendeirista pode achegarse ó núcleo urbano da Veiga, ou ben continuar camiño ata o núcleo de Casdenodres.
Dende Casdenodres o percorrido transcorre por antigos camiños atravesando carballeiras e fragas.
Continuando o noso percorrido, atoparemos o núcleo de Castromarigo, punto de paso dun dos antigos camiños que conectaban ámbalas beiras do encoro, neste caso co núcleo de Santa Cristina.
Dende Castromarigo, continuaremos cara o núcleo de Candeda paseando por un camiño existente que discorre paraleilo ó encoro.
O seguinte fito no noso percorrido seguindo a marxe dereita do encoro entre carballeiras, é o núcleo de San Andrés de Prada, dende o que chegaremos á presa do encoro.
Dende a presa de Prada, punto medio desta senda comezamos o regreso pola marxe esquerda do encoro. Este percorrido a través de antigos camiños duns 15 Km de lonxitude, permitiranos coñecer os antigos camiños que conectaban os núcleos de Corexido, Vilaboa e Santa Cristina, gozando ó mesmo tempo dos sons da natureza nunha área con escasa densidade de poboación.
Antes de completar o noso percorrido no pobo da Veiga, atoparémonos coa zona de esparexemento denominado Praia dos Franceses.
“O muíño converteuse en lugar de reunión onde se contaban historias incribles de lobos e pastores, de meigas, trasnos e personaxes das aldeas, arredor do fogo da lareira”.
En A Veiga, había no século XVIII un total de 137 muíños. Algúns quedaron sepultados baixo a auga:
A cría de pombas foi unha actividade expandida dende Roma polas lexións romanas segundo avanzaban nos territorios conquistados. Na Idade Media a posesión dos pombais era un privilexio reservado ós señoríos no que se chamou “Dereito de pombais”, porque un elevado número de pombas podería ser contraproducente para o cultivo dos cereais. O Pombal constituía unha marca distintiva das clases sociais máis altas, de campesinos adiñeirados e do clero, sendo un símbolo de riqueza mentras que os granxeiros sufríanos danos nas súas colleitas. En Francia, tra-la revolución francesa e na procura dunha sociedade máis igualitaria, foron abolidos os privilexios feudais e o seu uso extendéuse a toda a poboación.
Este pombal está situado nunha atalaia sobre unha base pétrea que cumpre unha dobre función: evita as humidades e, ó dominar un amplo espazo aberto, identificando grandes distancias, axiliza o voo das pombas tanto ó inicio coma ó retorno. O interior dos pombais está distribuído en celas que poden albergar ata 200 pombas, esta distribución dá orixe ó principio matemático coñecido coma “principio de palomar” ou Principio de Dirichlet 1.834, que permite resolver problemas matemáticos e informáticos.
O aproveitemento hidráulico do Río Xares, deu lugar á construcción de dous encoros. O Encoro de Prada e o Encoro de Santa Olaia. O Encoro de Prada asolagou o pobo de Alberguería mentras que o Encoro de Santa Olaia orixinou a desaparición do antigo pobo de San Fiz e a construcción do novo Poboado de San Fiz.
Das augas do Río Xares dependen ambolos dous encoros.
Este Río nace a 2.114m. de altitude na Sª do Eixe en Pena Trevinca e desemboca nos Cóbados de Larouco no río Bibei, para unirse despois ós ríos Sil e Miño.
É un río de tipo pluvio-nival: acada os niveis máximos de caudal nos meses invernais e mantenos na primavera acausa das augas do desxeo. Percorre 47,5 quilómetros na Provincia de Ourense, acadando unha diferencia entre cotas de 1.450m. Por de baixo de Prada o río descende 220m. en 6km. Encaixado entre granitos.
O seu maior afluente é o río Corzos e como afluentes de menor importancia destacan os regatos Requeixo e Medalas.
O Río Xares conta cunha enorme beleza e gran atractivo paisaxístico.
Cando o 9 de maio de 1.959 as augas encoradas do Río Xares asolagaban o pobo de Albeguería as terras máis fértiles e máis produtivas dunha poboación agrícola e gandeira quedaban baixo as augas ó longo duns quince quilómetros dende Baños ata Prada no medio dunha grande traxedia humana, sobre todo para as cen familias que se viron obrigadas a abandonar as súas casas e o seu pobo: Alberguería.
Plantexáronse dúas alternativas para a reubicación da poboación: unha foi o traslado ó Campo da Gonza e outra o traslado a Lagoa de Antela que, daquela, estaba en proceso de desecación. Finalmente a maior parte emigraron a zonas urbanas españolas (Bilbao,Barcelona...) e cara Arxentina, Brasil ou Cuba.
Como consecuencia dos movementos de terra realizados pola construcción dos encoros o vello pobo de San Fiz sufriu perigo de derrubamento e iniciouse expediente de ruína. O Pobo foi dividido en dous: Zona Segura e Zona Perigosa.
Os propietarios da Zona Perigosa foron desaloxados, aínda que indemnizados ou trasladados o novo poboado de San Fiz, outorgándolle unha nova vivenda. Os propietarios da Zona Segura nada percibiron e foron condenados a vivir nun pobo fantasma.
Constanos documentos da época que “la realidad es que todo el pueblo de San Fiz corre el mismo peligro tanto en el Barrio de Arriba como en el Barrio de Abajo“.
Deste xeito foi desmantelado un pobo enteiro, pero só unha parte, os vecinos da zona perigosa, recibíu algún tipo de indemnización, o resto nada percibiron…
O Encoro de Prada, incluído na conca Miño-Sil, foi construido no ano 1.958, e na actualidade pertence á empresa Endesa. Atópase a unha altitude de 845m. Embalsa o río Xares cunha presa de 85 m de altura e 280 m de lonxitude, que permite acadar unha capacidade de 122 Hm3 nunha superficie total de 605Ha. O seu uso é hidroeléctrico. Ten ademáis a característica de ser navegable.
O Encoro de Santa Olaia, incluído na conca Miño-Sil, foi construido no ano 1.966, e na actualidade pertence á empresa Iberdrola á central Santiago-Xares. Atópase a unha altitude de 525m. Embalsa o río Xares cunha presa de 73m de altura, que permite acadar unha capacidade de 10Hm3 nunha superficie total de 41Ha. O seu uso é hidroeléctrico.
Contan que a ruta que empregaban os Mouros para encherse de ouro pasaba polas terras do Encoro de Prada.
A Ruta do Ouro unía as antigas minas de ouro de As Medulas a as Borreas de Caldesiños en Viana do Bolo, e era transportado ata Pinza para a súa fundición. Tanta era a cantidade de ouro que os mouros posuían que o agochaban en sitios seguros, baixo terra ou baixo rochas, coa esperanza de voltar algún día a recollelos.
E por iso que nas beiras do Encoro de Prada hai tantos tesouros agochados.
Datos históricos:
As lendas e a realidade misturanse, se ben, é certo que :
Os castrexos ,que xa buscaban ouro no Río Sil para fabricar as súas xoias , deron lugar a rexión más aurífera da terra , a que Silio Itálico chamou A Dives Gallaecia, ( a rica Galicia ) e Plinio o Vello O País do Ouro.
Os Castrexos empregaban metodos muy rudimentarios coma o sistema de bateo (consistente en cribar as arenas auríferas e lavalas cunha batea ou cesto de mimbre) que deu orixe as Aureanas (nome galego das mulleres que bateaban o ouro do Río Sil).
Cando os romanos conquistan a Gallaecia, chegan a Ourense de cuia orixe romana provéen o seu nome Auriense “A cidade do Ouro”, remontan a conca do Río Sil e descubren As Médulas, é entón cando a explotación do ouro se convirte nunha industria xigantesca mediante o método que Plinio o Vello chamou “ruina montium” é decir, o derrumbe dos montes.
Calculase que a producción de ouro sobrepasou os 96.000 kg en 250 anos. A principios do siglo III, as minas de ouro deixaron de explotarse como consecuencia do cambio do sistema monetario romano, deixou de acuñarse a moeda de ouro o “aureus” para pasar a moeda de prata, o “denarius”.
A maior mina de ouro romana “ Las Médulas” foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Os Tesouros do Pobo de Castromarigo, foron tán famosos que están descritos no libro “O Ciprianillo”:
“No cruceiro de Castro Marigo (Castromarigo, p. e l. no c. de A Veiga - Valdeorras), á dereita, no poente, debaixo do chan, antre pedra branca, deitamos unha armadura de ouro con 12 mallas. ( “O Ciprianillo” )
E un libro de maxia escrito por San Cibrán, aló polo século X, no que se atopaban as artes máxicas e os rituais necesarios para a busca e achado dos tesouros que os "encantos" e os "mouros" tiñan gardados nos castros, furnas e mámoas. Tamén quen o posuía, tiña o poder de facer fuxir ó demo. Contén os rituais contra os feitizos, o mal de ollo e o meigallo, e os segredos para facer chover e afastar ás treboadas.
O Ciprianillo tamén era unha axuda para facer pactos con espíritos infernais sen sufrir dano ningún. Para iso, hai que trazar no chan un círculo cunha rama de abeleira, despois de ter dito unha serie de frases en latín con moita devoción e levar un carneiro negro. Dese xeito, logo aparecerían moitos fantasmas porque o demo non quería que se descubrisen as súas riquezas ocultas. Pero o buscador de tesouros non debía fuxir senón todo o contrario.
Para usar con éxito o Ciprianillo hai que busca-la "herba cabreira" e, ademais, é necesaria a presencia dun cura que, revestido de estola, saiba ler e "desler" no fantástico libro e que tamén tivese moito valor, porque cando saíse o encanto en forma de serpe, non debía suspende-la lectura nin fuxir, pois se facía unha ou outra cousa quedaría enfeitizado el e os seus acompañantes.
O Ciprianillo sempre foi un libro moi difícil de conseguir, porque era celosamente gardado e fixo afastar demos e malos espíritos ó longo dos séculos nas lendas e crenzas galegas.
A maiores da armadura de ouro que se cita no Ciprianillo, atopanse no pobo de Castromarigo os seguintes tesouros:
Había en Castromarigo unha ola chea de moedas de ouro. Unha ola é unha cántara que tiña unha capacidade equivalente a 16 litros. Esta ola foi atopada por unha pobre familia do pobo que se foi enriquecendo hasta chegar a repartir moedas de ouro co resto da herdanza familiar. Contan que unha tía lle deuxeu a cada sobriño unha moeda de ouro, en forma de colgante.
A Fraga da Pala é unha grande rocha de granito con tres circulos que, as mouras, empregaban para comer xa que, non empregaban pratos nin cousas semellantes.
A uns 50 mts da Fraga da Pala, polo camiño das Veigas, existe unha fraga por riba doutra. Entrambas hai un pequeño burato que deixa ver un grande oco que estaba, en tempos, cheo de ouro.
Este foi o primeito tesouro atopado, hai tanto tempo, que nada máis de sabe del.
Contan que no lugar coñecido coma A Cruz, certo día apareceu un home descoñecido con dúas cabalerías e uns papeis no bulso da chaqueta, preguntando polo Camiño das Veigas.
Un veciño ofrecéuse a acompañalo. Os dous homes, deixaron atrás a casa reitoral, o xogo de bolos e máis tarde o pombal e a igrexa, ata chegar á Fraga da Pala.
Ó chegar a este lugar o extraño deulle as grazas e díxolle que continuara camiño que dende alí xa se valía él só.
Segundo se soubo despois os papeis resultaron ser un plano do tesouro agochado no que figuraba a rocha chamada A Fraga da Pala, cos tres circulos marcados.
Cando o veciño de Castromarigo viña de volta, sorprendeu ó descoñecido cargando un pesado bulto nas cabalerías.
Era unha cabrita de Ouro que estaba agochada nun burato coa mesma forma de cabrita tallado na rocha, tapado cunha pedra duns dez centrimetros tamén coa mesma forma.
Do extranxeiro nunca máis de soubo pero a fraga coa forma de cabrita aínda hoxe de pode ver.
Contan que os Mouros agacharon tamén un grande lagarto de ouro, que aínda non apareceu .Este Lagarto de Ouro esta agochado nas proximidades da Fonte de Piornal.
Conta a lenda que
“Había un señor moi rico, tiña moitas terras, criados, unha boa casa e tiña unha filla fermosa, garimosa e virtuosa, chamábase Candeda, o pai estaba moi feliz co seu tesouro.
Certo día chegou un aposto mozo en compañía de seu pai, a pedir a man de Candeda, pero a moza non quizo aparecer, díxolle a seu pai que dera palabra a outro.
-¿Quen é o mozo a quen lle deches a palabra?.
-É Xesús de Nazaré contestou a moza. O Pai fixo tódolos medios para sacarlle esa idea da cabeza, pero non o acadou.
-Quéroche moito, pai meu, sinto deixarte, pero sinto a chamada máis forte de Deus, e voume de monxa.
O pai asomábase a solana fixa a mirada para donde estaba o Convento, chamando Candeda, Candeda…. Candeda. Non volveu a decir outra palabra, día e noite Candeda…Candeda. En toda a comarca fíxose famoso o Convento de Candeda, o pobo que surxíu arredor do convento era Candeda.
Datos históricos:
A Igrexa de San Miguel de Candeda ten pranta rectángular, pedra de grao e cuberta de lousa. Con presbiterio elevado, espadaña do campanario centrada e simple con arco de medio punto e pináculo de remate.
Destaca un Cristo románico, de cobre dorado do taller de esmaltes de Limoges.
Había unha campá de prata procedente do antigo convento de monxas de Candeda, que as monxas tiñan para chamar a oración.
Este convento quedou abandonado cando a raiña Dona Violante, Infanta de Aragón e Reina Consorte de Castela tra-lo seu casamento co Rei Alfonso X , o Sabio, ( quén fora educado nas propiedades dos seus coidadores en Ourense, donde aprendería o Galego-Portugúes, idioma no que compuxo as famosas Cantigas) , fundóu o convento de Santa Clara de Allariz, concentrando neste novo convento as monxas que estaban dispersas en pequenos conventos da Provincia, entre eles, o convento de Candeda.
A raiña Dona Violante vivíu no Convento de Santa Clara de Allariz despois das loitas polo sucesión á coroa de Castela do seu fillo Sancho IV e os infantes “de la Cerda”, donde é posible que fose soterrada.
“Un ano choveu tanto, tanto choveu que unha fraga que se atopaba no alto das ladeiras de Candeda foi escorregando ata chegar a un prado. Ao seu paso deixou ao descoberto seis bolos de ouro, que atoparon os donos do prado.
Eran da familia dos de “Queitano”. Levaron os bolos para a casa.
Un día pasou por alí un cacharreiro e a muller da casa ensinoulle ún deles e preguntoulle cánto lle daría por él.
O cacharreiro quixo saber se tiña máis e a muller foi buscarllos todos.
Entón él dixolle que collera, de todalas cousas que levaba, a que máis lle gustara para ela.
Así foi coma o cacharreiro levou os bolos de ouro e non voltou polo lugar nunca máis.
Cóntan que había duas bolas tamén de ouro, que aínda non apareceron, por eso que…. ¡Quen sabe! Cecais, algún día, alguén teña a fortuna de atopar esas bolas de ouro.
Na cultura celta estaba moi enraizado o culto ás pedras. A pedra para os primitivos era símbolo de invariabilidade a diferencia doutros elementos da natureza que estaban suxeitos a cambios. Adorabanse ás pedras pola simboloxía que representaban segundo a súa forma, tamaño ou orixe.
O Fraguizo de Meda é un conxunto de fragas máxicas, no que contan que viviron “Os mouros”. O conxunto está formado por:
“A Pedra que se abala” é unha rocha de máis de dous metros de altura que se move o empuxala. Existe a crenza que todas as pedras que se abalan teñen poderes máxicos, que abalan cando queren e cando non o fan presaxian unha desgracia, ou que, para que a persoa poda mover a pedra, tén que estar libre de pecado. A Pedra de Abalar de Muxía é a maís famosa do mundo celta.
“A Cesta das uvas” E unha rocha en forma de cesta de apañar as uvas. E un tipo de pedra das chamadas “figurativas” pola súa forma.
“O Forno dos Mouros”. E un grande oco que existe entre dúas fragas.
“A Fraga do prado da Calzada” Conta a lenda que unha moura levou na súa cabeza esta grande rocha ,dende o Fraguizo ata o prado, mentras fíaba cun fuso e unha roca.