A Igrexa parroquial de San Lourenzo está dedicada a este santo que dá nome ao Pobo. Destaca a súa portada barroca con frontón semicircular partido.
San Lourezo foi ún dos sete diáconos de Roma , encargado de administrar os bens da Igrexa . Cando o emperador Valeriano proclamou a persecución dos cristiáns e ordeou sacrificar a papas e obispos, o Alcalde de Roma ordeoulle a San Lourenzo que entregara ás riquezas da Igrexa . San Lourenzo pediúlle tres días para recopilalas e foi invitando a todolos pobres, mendigos, orfos, anciáns e mutilados . Ao terceito día compareceu e presentoulle aos pobres e enfermos decindo que éses eran os verdadeiros tesouros da Igrexa. O prefecto dixolle entón “ Atreveste a burlarte de Roma e do Emperador e perecerás. Pero non penses que morrerás nun instante, faralo lentamente e soportando a maior dor da túa vida “.
San Lourenzo foi queimado vivo nunha parrilla en Roma o 10 de agosto do ano 258, díse que no medio do martirio , exclamou : “ Assum est, inqüit, versa et manduca “ ( Asado está, parece, delle a volta e coma ) , sendo enterrado nas catacumbas de Ciriaca.
A Lenda dí que entre os tesouros da Igrexa confiados a San Lourenzo atopábase o Santo Grial, que logror poñer a salvo, envíandoo a Huesca.
Co nome de “ Bágoas de San Lourenzo” coñecense as perseidas , chuvia de meteóros , que dende a idade media se asociaron coas bágoas que verteu San Lourenzo ó ser queimado na parrilla.
Destaca a Requilia de San Lourenzo que se conserva no interior da Igrexa.