A Igrexa de Santa María de Meda é de planta rectangular con corpos engadidos, sillería granítica, lousa a tres augas en nave con espadaña de dous corpos barroca, pináculo de remate e portada con arco de medio punto sobre liña de impostas. O Retablo maior é do século XVIII, con grandes columnas en zig-zag e altar de tipo panzudo.
Destacan no interior da Igrexa o púlpito e o sagrario, tallas de madeira realizadas por D.Rómulo Carracedo, médico do pobo que naceu no 1.890 e finou no 1.954.
A igrexa foi trasladada no ano 1.931, no seu lugar antes había unha capela, co fin de que estivera máis preto dos vecinos de Meda. Antigamente estaba ubicada no lugar denominado “Airexa” onde se atopa o cemiterio e onde existía un pobo chamado “OToutelo”.