A Igrexa de Santo Estevo de Corexido era un anexo da Igrexa de Alberguería e segundo os documentos da época “perteneció a los templarios y pasó a la encomienda de San Juan de Jerusalén por cuya sacra asamblea se presenta al curato”.
No 1.312 o Papa Clemente V disolveu a Orde dos templarios e nomeou como herdeira dos seus bens á Soberana Orde Militar e Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén, de Rodas e de Malta, coñecida coma a Orde de Malta.
E por isto que a Igrexa de Corexido e maila de Alberguería pertenceron á Orde de Malta.