A arquitectura desta igrexa conserva o seu aire de antiguedade, o solo orixiñal formado por grandes tablóns de madeira de castaño, baixo os que se realizaban os antigos soterramentos, así coma os confesionarios policromados semiempotrados nos muros e o púlpito.
O seu patrón é San Fiz, representado nunha escultura policromada de grande interés. Fronte a porta de entrada atòpase un retablo da Virxe do Carme de 1647, de estilo manierista.
Especial devoción profesan os veciños a Santa Bárbara que adoitan sacar en procesión os días de trono e tormenta.
No pórtico destacan os dous capiteis das columnas, un representa a fame e o outro representa a sede.
No exterior destaca a estreita escaleira de pedra para acceder á espadaña e o reloxo solar de 1799 coa seguinte inscrición:
“Clarissimo urbanogue uiro domino Francisco Alonso Augustinos dicavit”.
Capitel coa alegoría de “ a fame” .
Capitel coa alegoría de “ a sede” .
Exemplo do tratamento simbolico empregado para educar ao pobo
“ A Sede é mais fea que a fame , porque morrer de sede é peor que morrer de fame” .