Novas

Declaración da aldea modelo de Meixide-A Veiga (Ourense), a aprobación definitiva da súa guía de ordenación produtiva, a integración cautelar na aldea modelo e a incorporación preventiva ao Banco de Terras de Galicia de determinadas parcelas.

CONCELLO DA VEIGA

2 de xuño de 2021 - Fonte: Concello da Veiga
2 de xuño de 2021 - Fuente: Concello da Veiga

En cumprimento do disposto no artigo 47 ter 8 da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, na súa introdución e redacción dada polo apartado dous do artigo 18 da Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e en cumprimento do disposto no artigo 47 quater 3 da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, na súa introdución polo número dous do artigo 14 da Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, faise pública a declaración da aldea modelo de Meixide-A Veiga (Ourense), por acordo do 24 de setembro de 2020 do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), CVE hmzu3imvd2 verificable en https://sede.xunta.gal/cve, a aprobación definitiva da súa guía de ordenación produtiva, a integración cautelar na aldea modelo e a incorporación preventiva ao Banco de Terras de Galicia de determinadas parcelas, por resolución do 12 de maio de 2021 do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), CVE JylFQSzbN7 verificable en https://sede.xunta.gal/cve.

Imaxes relacionadas:

Imagenes relacionadas

Outras Novas