SUBVENCIÓN PARA MELLORA DA ACCESIBILIDADE E SUPRESIÓN DE BARREIRAS NO ENTORNO DA RESIDENCIA DE ANCIÁNS DA VEIGA
A actuación foi subvencionada a través da ORDE do 6 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de accesibilidade de competencia municipal, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento BS701B).
A actuación está centrada en mellorar a accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas en vías públicas. A rúa obxecto de actuación é Rúa A Louseira, onde está o acceso á residencia da Terceira Idade da Veiga. Situada casi no centro urbán da Veiga, precísase suprimir as barreiras arquitectónicas de todos os edificios principais, co fin de mellorar as condicións de vida no rural. Esta actuación é moi sensible para a cidadanía, o edificio é dos máis frecuentados pola totalidade da pobación e visitantes, imprescindible para calquer municipio.
O concello da Veiga vén realizando actuacións de similares características desde hai varios anos. Estas consisten en facilitar as condicións de accesibilidade aos diferentes espazos e instalacións municipais que conforman o núcleo.
Resulta urxente mellorar as infraestruturas de cara a conseguir un mellor servizo de acceso para os cidadáns á residencia e de cara a contar cos espazos públicos sen barreiras arquitectónicas. As beirarrúas que rodean a residencia de anciáns da Veiga presentan diversas deficiencias que poñen en risco a seguridade e mobilidade dos usuarios, así como a carga económica para o Concello.
O obxectivo non é outro que o de mellorar o servizo e ademáis de evitar un maior deterioro do mesmo. A intervención que se refire, afecta ao entorno dun edificio moi frecuento polos veciños do pobo polo que se considera necesaria a intervención de cara a mellorar o estado no que se atopa.