Subvención para a promoción da lectura e as letras españolas concedida pola Secretaría de Estado de Cultura
Nace un novo festival literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música, con afán de convertirse nunha das citas culturais máis importantes da Provincia .
• NOME : 5 razóns para o nome : Al – Majisti(o máis grande)
1. é o nome árabe co que se coñece o gran tratado astronómico de Claudio Ptolomeo “utilizado polos astrónomos ata a Alta Idade Media.
2. É “ o mais grande “ festival literario – astronómico existente na actualidade , non só en Galicia senón en España .
3. É o “ mais grande “ porque na Veiga están as mais grandes alturas de Galicia, os Dousmiles de Galicia .
4. É o “ mais grande “ porque a Veiga é o maís grande municipio en extensión de Ourense
5. Celebrase no “ mais grande “ Centro Astronómico da Provincia, senón o único.
• Cultura no rural e na alta montaña Galega. No rural tamén se lee. Na Veiga tamén se lee.
Os proxectos culturales no medio rural como espacios de encontro , relación e fortalecer a comunidade, xerar autoestima .a cultura non é exclusiva das vilas e cidades.
• Os Concellos en risco demográfico: afectados tamén por o risco cultural.
• Festival de Reto Demográfico
A experiencia demostrou que os investimentos e servizos ao redor de grandes núcleos urbanos ten como consecuencia o abandono do ámbito rural o que provoca un evidente desequilibrio socio-territorial e desigualdades sociais.
A crise de territorio materializouse na diferenza de oportunidades, tamén no cultural , para uns e outros en función do seu lugar de residencia.
Reto que éste Festival vén a correxir .
• Turismo, Ciencia e Cultura : Astroturismo
Festival para aprender, descubrir, disfrutar coa lectura e os libros vínculados a astronomía, como legado cultural da humanidade.
O Festival está dividido en catro eixos :
• Conferencias
• Encontros Literarios con autores.
• Observacións astronómicas
• Música .
O festival terá tres días de duración : 17,18 e 19 de mayo de 2024.
• 17 de Maio de 2024 será o día de Claudio Ptolomeo, a navegación astronómica e a Cristobal Colón e outros descubridores .
• O 18 de maio de 2024 será o día adicado a Afonso X o Sabio e a Violante de Aragón .
• Por último o 19 de maio e 2024 será o día a Galicia , donde se tratara de Cristobal Colón galego e Afonso X e Ourense .
Lingua Castelá e Lingua Galega .
Haberá conferencias en lingua castelá e lingua galega .
Nos encontros literarios, os autores asinarán as súas obras que serán distribuídas aos asistentes.
Como actividades paralelas están previstas as actuacións musicais de :
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
Coanhadeira
As observacións astronómicas será a cargo de Oscar Blanco Varela, Director do CAT ( Centro Astronómico de Trevinca )
Están representadas nas conferencias institucions tan importantes coma o Real Observatorio da Armada, o Museo Casa-Colón de Valladolid, a Fundación Starlight , o Planetario de Pamplona ou o Consello da Cultura Galega .
O Festival está dirixido aos amantes da astronomía , aos aficionados a novela histórica , aos seguidores da música folk galega e ao publico en xeral que terán a oportunidad de coñecer aos autores dos libros que se distribuirán .
Habera LUDOTECA para nenos e nenas na Biblioteca Municipal así coma actividades infantís para facilitar a participación das familias na programación xeral de conferencias e encontros literarios.
Unha fin de semana chea de experiencias ligadas aos libros, a historia, a astronomía e a música , unha fin de semana enriquecedora e divertida nun dos pobos máis bonitos da alta montaña galega.