CONCELLO DA VEIGA
Considérase necesario realizar estas intervencións de acondicionamento do vial e as súas melloras.O obxectivo non é outro que o de mellorar a zona que nos ocupa dotándoa dos servizos necesarios.
A localización na que se expoñen estas melloras, atópase na vía principal do núcleo de Meixide, nunha clara zona de montaña, ao redor de Pena Trevinca.
Estas melloras na pavimentación tratan de reducir o impacto visual do pavimento
preexistente nunha contorna rural con construcións próximas e a pé de rúa con fachadas
de pedra. Para iso, na nova pavimentación, realizaranse os bordos das rúas cun pavimento de lastra de Granito Silvestre, pedra similar ás fachadas das construcións próximas.
Con respecto á actuación de nova pavimentación, demolerase o camiño existente
para a construción dunha nova capa de firme. A superficie total será de 731.36 m2, proponse unha pavimentación de formigón cepillado de 15cm de espesor sobre mallazo 15x15 Ø 5mm para camiños con pendente entre o 10 e o 20% na parte central dos camiños, mentres que na zona que linda coas vivendas, para facilitar os encontros con estas, proponse unha tripla fiada de lastros de granito tipo Silvestre ou similar de 8x8x8cm asentados sobre unha capa de morteiro de 3cm de espesor e por encima dunha soleira de formigón HM-20/P/20 de 15cm.
Na actuación da nova rede de pluviais, proxéctase unha nova canalización de PVC SN-4 de diámetro 315mm, cunha lonxitude de 132.60m. A rede componse de 5 pozos de rexistro e de 3 sumidoiros para a evacuación das augas pluviais que incidan no vial. En canto a equipamento, instalarase no núcleo de Meixide a sinalización dos seus bens incluídos no inventario do patrimonio cultural mediante sinais en madeira, para que quede máis harmónico coa contorna.