Calendario

O Entroido na Veiga iniciase co primeiro cuarto de lúa de febreiro segundo o calendario zaragozano, esa lúa indicaba o mércores de cinsa, polo tanto o entroido daba comezo o xoves anterior, o Xoves de Lardeira que noutras zonas ourensáns se coñece coma "Xoves de Comadres" con dúas actividades principais: Correr ó galo e A Lardeira.

Xoves de lardeira

O mestre compoñía uns versos, de diversos temas: amor, o descubrimento de América, e historias dos libros da escola e os nenos recitaban estes versos cando acababan de xogar á correr o galo, diante de tódolos veciños.


"Hojas del árbol caído
juguetes de viento son
son hojas desprendidas
de árbol del Corazón".

"Yo me llamo Benardino
y vengo de las vendimias
y voy a matar este gallo
que anda tras de las gallinas".


Versos lembrados por Pedro Álvarez, de Prado

Domingo de Entroido

Era o día principal dos disfraces, dos desfiles e do boi.

Actualmente esta festividade desprazouse ao Martes de Entroido

Martes de Entroido

Actualmente o Martes de Entroido e o día principal do Entroido veigues, no que comparsas, fulións e bois salen as rúas para protagonizar o gran desfile.

Posteriormente celebrase a Festa da Soá, que conta xa con XIII edicións.