Os mozos do pobo ían ó monte a coller unha árbore das máis altas que atoparon, para poñer no medio da praza do pobo, mentras ás mozas facían unha lardeira
Aí permanece ela soa ata o domingo de Entroido, cando se coloca o Entrudio, tamén chamado lardeiro.
Nalgúns pobos os homes roubaban a roupa de muller dos tendais e facían e colgaban na praza a lardeira.
O Xoves de lardeira xa se empezaba a botar fariña, farelos, cinsa e a entiznarse uns ós outros, incluso a tentar queimarse ó pelo.
O Boi é unha das figuras máis representativas do entroido veigués, tamén chamado segundo os pobos: touro ou novelo. A máscara de Boi debe levar
Os Fareleiros van vestidos con roupas vellas, cun sombreiro de palla ou pano negro, unha zamarra vella, botan farelos. Tentan botala por dentro da roupa ou na boca.
(Os máis antigos levaban unha pel de cabra, co pelo cara dentro, cubrindo media perna para protexerse da auga, atada cun cordel).
Se ben os fareleiros ían vestidos con roupas vellas, as moas do pobo de Ponte, vestían as súas mellores galas no Entroido:
Salientar que era a única vez no ano que as mozas e mulleres de Ponte se maquillaban, aínda que só os beizos e os mofletes.
As Vellas, eran, en realidade, homes vestidos coas mellores galas de muller, e adoitaban levar:
Salientar que estas prendas eran empregadas soamente no entroido, polo seu colorido.
As mozas de Prada máis atrevidas vestían de home. Compre lembrar que, na época, as mulleres no vestían pantalóns, polo que o disfraz chamaba moito a atención.
A Morte é a persoaxe máis terrorífica do entroido da Veiga, atopamos esta persoaxe en Valdín.
A máscara da morte debe levar:
A morte ía ameazando ás xentes sobre todo ós nenos e nenas.
En varios pobos da Veiga como Vilanova ou Valdín era costume facer tódolos anos o mesmo desfile:
O desfile representaba unha parella de bois sementando unha leira.
Unxíanse dous homes a modo de bois, coas molidas e o arado. Outro home faía de campesió arando unha leira e outro ía por diante sementando, percorrían tódalas rúas do pobo.
A semente era cinsa, que chamaban raíno da cociña e segundo ían facendo que sementaban ían manchando a xente do pobo con cinsa.
Tamén chamados charrelos, adoitan saír catro ou cinco en cada pobo e deben levar:
Os máis ricachóns adoitaban levar legues de coiro de vaca amarrados con hebillas.