O departamento dos servizos sociais do Concello da Veiga componse de:
Traballadora Social
Funcións:
- Información, valoración e orientación.
- Tramitación e / ou derivación a recursos, dentro ou fora do sistema dos servizos sociais. (discapacidade, dependencia, prestacións dependentes da Xunta, subvencións …)
- Realización de informes sociais.
- Seguimento de casos
- Realización de visitas domiciliarias
- Xestión e organización do Servizo de Axuda no Fogar, tanto de dependencia como de libre concorrencia.
- Coordinación co programa de Educación Familiar.
- Coordinación con outros profesionais do Concello e doutros organismos, públicos e / ou privados.
- Organización de actividades dirixidas a distintos sectores de poboación.
Educadora de Familia
Funcións:
- Detección, análise e valoración das necesidades socioeducativas coas familias.
- Deseño, execución e avaliación dos proxectos individualizados de intervención socioeducativa coas familias.
- Asesoramento socioeducativo.
- Intervención e apoio na resolución de conflitos familiares.
- Acompañamento socioeducativo no proceso de participación das familias cos recursos da comunidade
- Apoio emocional no proceso de intervención educativa coas familias.
- Coordinación cos servizos e departamentos municipais.
TRABALLADORA SOCIAL: ALICIA VILLANUEVA VILA
alicia.aveiga@eidolocal.es
EDUCADORA DE FAMILIA: Mª ESTHER FERNÁNDEZ PARADELO
concello.aveiga@eidolocal.es
Horario de atención o público:de luns a venres de 9:00 – 15:00