A misión principal é colaborar na implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade em¬presarial. Analizar a evolución e repercusión das medidas activas de emprego no municipio, colaborando co resto dos integrantes da rede na procura da mellora da súa calidade, intercambiando coñecementos e experiencias, así como des¬envolvendo actividades e proxectos conxuntos.
Funcións:
a) Prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, de proxectos empresariais de promoción económica local e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego no ámbi¬to local, identificando novas actividades económicas e posibles emprendedores, así como prospección das necesidades de persoal das empresas co obxecto de identificar novos viveiros de emprego.
b) Difusión e estímulo de potenciais oportunidades de creación de actividade entre as persoas desempregadas, promotores e emprendedores, así como institucións colaborado¬ras, levando a cabo accións de sensibilización cara á promoción dunha maior conciencia empresarial como oportunidade de emprego.
c) Acompañamento técnico no inicio de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira e, en xeral, sobre os plans de lanzamento das empresas.
d) Organización de cursos de formación, xornadas, conferencias e actividades orientadas á búsqueda do emprego. Especialmente cun enfoque de carácter práctico e eficaz, así como a súa imbricación coa realidade do contorno socioeconómico local onde se desenvolven.
e) Calquera outra que contribúa á promoción e implantación de políticas activas de em¬prego, relacionadas fundamentalmente coa creación de actividade a nivel local.
María José López Cid
maria.jose.lopez.aveiga@eidolocal.es
Concello da Veiga
Pranta Baixa. Pza. Concello 1. A Veiga
Tfno.988350000. Fax. 988350060