Castañas

Programa para a reactivación da economía rural

Incorporación de soutos abandonados ao programa

Inspirado nos principios de "Custodia do Territorio" que a Lei 42/ 2007 do Patrimonio Natural e Biodiversidade, define como as estratexias a través das que se implican a propietarios e usuarios do territorio na conservación e uso dos recursos naturais, o Concello da Veiga pretende impulsar a xestión dos recursos naturais do municipio implicando aos propietarios e usuarios na conservación e bo uso dos recursos naturais, buscando os maiores beneficios para as xeracións actuais, sen merma da súa potencialidade para satisfacer as necesidades e aspiracións das xeracións futuras.

ARRENDADORES

Posta a disposición

  • Solicitude.
  • DNI do titular.
  • Título de propiedade ou declaración responsable.
  • Declaración número de especies en producción
  • Declaración de arrendamento e aceptación da renda taxada

Obrigas e Dereitos

  • Poñer o souto a disposición do concello.
  • Respectar o prezo de arrendamento
  • Manter o souto no programa durante 4 anos.
  • Recibir a cantidade sinalada como renda taxada por castiñeiro:
    • 30,00€/Castiñeiro/ano (1º e 2º ano)
    • 20,00€/Castiñeiro/ano (3º e 4º ano)

Prazo de presentación

Dende o día seguinte á publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

Lugar de presentación

Rexistro Municipal do Concello da Veiga a través da Xerencia do Centro de Apicultura e Desenvolvemento Agroforestal do Concello da Veiga.

ARRENDATARIOS

Destinatarios

  • Ser maior de idade.
  • Residir legalmente no Concello da Veiga
  • Non ter relación de parentesco, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao coas persoas arrendatarias.

Orde de prioridade

  • Familias numerosas, monoparentais, con fillos a cargo ou menores a cargo.
  • Mozos menores de 30 anos.
  • Mulleres (espec. vítimas violencia xénero).
  • Menores ingresos unidades de convivencia.

Obrigas

  • Arrendar o souto asignado polo Concello da Veiga.
  • Respectar o prezo de arrendamento e abonarlle o titular o importe taxado.

Prezo do arrendamento

  • 30,00€/Castiñeiro/ano (1º e 2º ano)
  • 20,00€/Castiñeiro/ano (3º e 4º ano)

Subvencióno

  • 100% Coste arrendamento (1ºano)
  • 50% Coste arrendamento (2º/3º e 4ºano)

PLANTACIÓN DE NOVOS SOUTOS

Subvención

Ata o 50% do custo de adquisición dos exemplares de árbores de Castanea Sativa.

Destinatarios

Propietarios de fincas rústicas no termo municipal da Veiga.

Solicitude

  • Solicitude.
  • Título de propiedade da finca ou declaración responsable.
  • Declaración número de exemplares que solicita.
  • Compromiso aportación do 50% do custe total.

PROGRAMA SOUTOS

Programa destinado á conservación dos castiñeiros, reforestación e utilización dos recursos forestais de xeito sostible.

O Concello levará a cabo actuacións de formación específica en materias de poda, inxerto e outras de xestión e boas prácticas.

O Concello levará a cabo actuacións de limpeza e desbroce dos camiños que dan acceso aos soutos abandonados incorporados ao programa.

CENTRO DE APICULTURA E DESENVOLVEMENTO AGROFORESTAL DO CONCELLO DA VEIGA

centroapicolaprada@gmail.com