Obra de Mellora nos sistemas de abastecemento executada a través da subvención concedida por Augas de Galicia, financiada no marco do Eixe REACT-UE do programa operativo Feder- Galicia 2014-2020.Convocatoria 2021.
Intervencións de mellora das redes municipais de abastecemento de auga. O obxectivo non era outro que o de mellorar as zonas que nos ocupan dotándolas dos servizos necesarios.
As ubicacións nas que se realizaron estas melloras, atópanse nas zonas próximas aos núcleos de Curra e Castromarigo.
Para a realización dos traballos de Curra procedeuse no tramo alto da rede á excavación dun pozo superficial de captación de auga. Éste conectouse a unha arqueta de decantación e ésta a outra arqueta de paso. No interior da arqueta de paso colocouse unha válvula de corte e dela sale a tubería de conducción de auga potable. Executouse unha zanxa para aloxar no seu interior a tubería dende a arqueta de paso ata outra arqueta xa existente da rede de abastecemento.
No que se refire ao tramo baixo de actuación, atopámonos cunha arqueta de paso existente, xa preparada para realizar a nova conexión. Procedeuse a continuación á execución dunha nova arqueta de rebosamento dividida en 3 corpos. En primeiro lugar, unha zona de decantación da que a auga pasará á zona de saída para abastecemento de auga do núcleo de Curra. Posteriormente outra parte á que pasarán os excesos da auga que non sexa consumida pola tubería de abastecemento. Estos excesos pasan a través dun rebosadero a un canal de rego existente. Tamén se proxectara unha saída de auga cunha válvula para nun futuro poder conexionar unha tubería de rego.
Volvendo á saída de abastecemento, executouse unha zanxa para aloxar no seu interior a tubería, que chega asa un tanque de auga existente nas inmediacións do núcleo.
Para a realización dos traballos de Castromarigo executouse un depósito en formigón armado, cunha capacidade de almacenamento de auga de 50.000 litros.
Dotouse ao mesmo dun carto de rexistro adosado ao corpo principal do depósito. Neste carto inclúense as chaves de corte necesarias. A dimensión e capacidade da nova construcción permite manter o consumo do núcleo, en condicións normais, ao menos durante 7 días sen abastecemento de auga dende a captación.
Procedeuse polo tanto á execución das obras que se describen con precisión no apartado de medicións e orzamentos e que inclúen todas as partidas necesarias para a posta en funcionamento do novo sistema de abastecemento.