Conta cun investimento de 25.000,00€ subvencionado ao 64% por Vicepresidencia e C. Presidencia, Admóns. Públicas e Xustiza, para a realización desta obra demandada polos veciños de Seoane. Dentro das actuacións están, o acondicionamento do terreo e do seu entorno,medidas de seguridad, xestión de
residuos, xardinería,mobiliario, creación dun parque infantil, a instalación de varios paneles informativos no que se mostren tanto a veciños como ós posibles visitantes, os valores naturais do espazo natural de "Pena Trevinca".