Data: 2 de Mayo de 2016
" Bases Reguladoras para a concesión de subvencións ao abeiro da Liña Estrátexica Nº 3, Desarrollo Rural , incluídas no Plan Estratéxico de Subvencións 2016 do Concello de A Veiga :
1º.- Obxecto da Subvención :
O obxectivo estratéxico desta subvención é o de favorecer a xeración de emprego , a fixación da poboación no Municipio e o asentamento de novos pobladores .
O obxectivo específico desta subvención é axudar no pagamento de cotizacións á seguridade social tanto no Réxime Especial Agrario coma no Réxime de Autónomos, facilitandose o inicio da actividade laboral e a posta en marcha da iniciativa empresarial ou profesional coma persoa traballadora autónoma ou por conta propia.
2º.- Financiamento :
O Financiamento desta subvención corresponde a fondos propios consignados na seguinte aplicación orzamentaria :
Area de Gasto 4: Actuacións de carácter económico.
Política de Gasto: 41. Agricultura, Gandeiria e Pesca.
Grupo de Programa 414: Desenvolvemento Rural .
Aplicación Orzamentaria: 414.482 Plan Estratéxico de Subvencións Autónomos.
Importe : 5.000,00€
As axudas previstas outorgaranse ata esgotar o máximo previsto de 5.000,00 €.
Non obstante o importe, inicialmente consignado, poderá ser incrementado previa tramitación do correspondente expediente de modificación presupuestaria .
3º- Contía da subvención :
O importe das subvencións será o cofinanciamento , durante 12 meses consecutivos, das cotas mínimas á Seguridade Social , no Réxime Especial Agrario ou no Réxime de Autónomos, de traballadores que se dén de alta no Térmo Municipal de A Veiga, dende o 01.05.2016 e ata o prazo máxímo de 31.12.2016 , segundo a seguinte distribución :
I) Durantes os tres primeiros meses .................... 100% da cota a pagar á Seguridade Social .
II) Do cuarto ao sexto mes ...................................... 75% da cota a pagar á Seguridade Social .
III) Do setimo ao duodécimo mes ............................. 50% da cota a pagar á Seguridade Social .
Non se subvencionará ningún incremento sobre a cota mínima de cotización a Seguridad Social que en , calqueira caso, será asumida directamento polo beneficiario .
4º.- Requisitos dos beneficiarios :
Poderán ser beneficiarios das axudas as persoas que cumpran os seguintes requisitos :
- Estar empadroado e residir efectivamente no Concello de A Veiga no momento de darse de alta no Réxime Especial da Seguridade Social. Este requisito comprobarase de oficio por parte do concello.
- Darse de alta a partires do 01.01.2016 no Réxime Especial de Traballadores Autónomos para unha actividade económica ou agraria que se desempeñe efectivamente no municipio de A Veiga coma titulares do negocio ou explotación .
- Non ter estado dado de alta previamente no mesmo réxime, para esa mesma actividade, no municipio de A Veiga.
Quedan excluídos deste programa as persoas socias de sociedades mercantís, cooperativas ou sociedades laborais .
5º.- Solicitude da Subvención :
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de A Veiga , achegando a seguinte documentación :
- Fotocopia do DNI
- Fotocopia da alta no ano 2016 no Réxime Especial da Seguridade Social.
- Informe da vida laboral.
- Alta no Imposto de Actividades Económicas ( se corresponde) .
- Certificado de estar ao corriente coas obrigas tributarias , da Seguridade Social e de non ter débedas coa Facenda Local .
- Documentación acreditativa da actividade económica, local social e ubicación da actividade.
- Declaración responsable e xurada, de que cumpre cos requisitos para poder ser beneficiario dunha subvención, de conformidade co establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Certificado de conta bancaria a nome do solicitante, para proceder ao ingreso do importe da subvención
6º.-Resolución da concesión da subvención :
A concesión ou denegación da subvención será resolta mediante Decreto da Alcaldía, motivada e individualizada que será notificada ao interesado cos recursos que procedan .
Notificada a resolución as persoas interesadas disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación expresa. Transcorrido este prazo sen que se produza manifestación expresa entenderase que o interesado renuncia a axuda concedida .
A resolución que se dite neste procedemento esgota a vía administrativa e contra dela caberá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdicción contencioso-administrativa.
Poderase formular, con carácter postestativo, recurso de reposición no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común .
7º.- Pagamento da subvención :
O pagamento do importe das axudas concedidas será transferido , mensualmente, a conta facilitada polo interesado , previa presentación da seguinte documentación no Rexistro Xeral do Concello , Departamento de Intervención :
- Xustificante do pagamento da cota á Seguridade Social, correspondente ao mes anterior .
- Declación responsable e xurada de seguir a exercer a actividade económica.
8º.- Persoas excluídas :
Non poderán obter a condición de beneficiarias do programa regulado nesta orde as persoas en que concorran as circunstancias sinaladas no número 2 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, salvo que neste adquirise eficacia un convenio, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
c) Dar lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.
d) Estar incursa a persoa física nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
e) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.
f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
g) Non estar ao día de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.
h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.
i) Ter pendente de pagamento algunha débeda coa Facenda Local do Concello de A Veiga.
A xustificación por parte das persoas solicitantes de non estar incursas nas prohibicións para obter a condición de beneficiaria, contidas nos números 4 e 5 anteriores, realizarase mediante declaración responsable.
9º.- Obrigas das persoas beneficiarias .
As persoas beneficiarias desta subvención estarán obrigadas a :
a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante o prazo mínimo dun ano.
b) No suposto de darse de baixa con anterioridade a este prazo, deberá comunicar ésta circunstancia ao Concello de A Veiga, no prazo dun mes, dende a tramitación da baixa na Seguridade Social .
c) Contar con todolos permisos e autorizacións necesarios para o exercicio da actividade económica .
d) Estar ao corriente coas obrigas tributarias coas facendas estatais, autonómicas e locais así coma coa Seguridade Social .
e) Declarar ante a Facenda Públicas os ingresos percibidos en concepto de subvención, de se-lo caso.
f) Notificar ao Concello de A Veiga outras axudas e subvencións que resulten incompatibles por acadar o 100% da cota a pagar a Seguridade Social .
g) Continuar co empadronamento e coa residencia efectiva no Termo Municipal de A Veiga , durante o período que perciba as axudas . Esta obriga será comprobada de oficio .
10.- Incompatibilidades e concorrencia.
Esta subvención será compatible con calqueira outra establecida nos distintos programas de promoción do emprego das administracións públicas ou organismos privados.
Excepto cando o obxecto da subvención sexa o pagamento da cota a Seguridade Social e ésta acade o 100% da cota a pagar á Seguridade Social .
En ningún caso a concorrencia con outras axudas ou subvencións para o pagamento da cota a Seguridade Social poderá ser superior ao 100% . Neste caso o importe da subvención municipal poderá ser sustituída pola porcentaxe do 50% máis alá do duodécimo més, ata completar o importe inicial ao que tiña dereito o perceptor .
11º. Consentimentos , autorizacións e datos de carácter persoal .
De conformidade coa Lei 4/2006, de transparencia e de boas prácticas , o Concello de A Veiga poderá publicar a relación de persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas , polo que a presentación da solicitude leva implicita a autorización para o tratamento necesarios dos datos das persoas beneficiarias.
Darase cumprimento ao disposto no Lei de Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal respecto dos datos persoais recollidos na tramitación desta subvención.
12.º.- Réxime Xurídico.
As Axudas reguladas nestas Bases rexiranse ademáis polo disposto na Lei 9/2007, do 13 de Xuño, de Subvencións de Galicia e polo disposto no Decreto 11/ 2009. de 08 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de Subvencións de Galicia .
13º. Entrada en vigor .
Estas bases expoñense ao público durante o prazo de oito días hábiles, contados dende o día seguinte ao da súa inserción do Bop , co fin de que os interesados poidan formular as reclamacións, observacións ou alegacións que estimen pertinentes .
Estas Bases entrarán en vigor transcorrido o prazo de oito días hábiles contados dende o día da súa inserción no Bop, sen que se teñen presentado reclamacións contra as mesmas.