Data: 22 de Marzo de 2017
" Bases Reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a promoción da apícultura no Termo Municipal de A Veiga "
1º.- Obxecto da Subvención:
O obxectivo estratéxico desta subvención é o de favorecer a xeración de emprego, a fixación da poboación no Municipio e o asentamento de novos pobladores.
O obxectivo específico desta subvención é axudar no pagamento dos custos de instalación de explotacións apícolas no tempo municipal de A Veiga.
2º- Financiamento:
O Financiamento desta subvención corresponde a fondos propios consignados no Orzamento Municipal Ordinario de 2017 na seguinte aplicación orzamentaria:
Area de Gasto 4: Actuacións de carácter económico.
Grupo de Programa 410. Administración General de Agricultura e Gandería.
Aplicación Orzamentaria: 410.226 Actividades de Promoción da Apicultura e Gandeiría.
Importe máximo: 5.000,00€
3º- Contía da subvención:
O importe das subvencións será o confinanciamento de material por cadansúa explotación apícola inscrita no proxecto de Fomento da Apicultura no termo municipal de A Veiga:
- 50% de Vestimenta específica apicultura (ata un máximo de 60,00€)
- 50% de dúas colmeas (ata un máximo de 100,00€)
4º- Requisitos dos beneficiarios:
Poderán ser beneficiarios das axudas as persoas naturais ou xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:
- Ser veciño e residente e/ou ter o domicilio social no Termo Municipal de A Veiga
- Estar en posesión do Libro de explotación apícola.
- Estar inscrito no rexistro municipal de autorización da marca "Montañas de Trevinca" e de autorización do uso das instalacións do Centro Apícola de Prada.
5º.- Solicitude da Subvención:
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de A Veiga, achegando a seguinte documentación:
- Factura a nome do titular da explotación do material subvencionable.
- Declaración responsable e xurada, de que cumpre cos requisitos para poder ser beneficiario dunha subvención, de conformidade co establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de Xuño, de subvencións de Galicia
- Certificado de conta bancaria a nome do solicitante, para proceder ao ingreso do importe da subvención.
6º- Resolución da concesión da subvención:
A Concesión ou denegación da subvención será resolta mediante Decreto de Alcaldía, motivada e individualizada que será notificada ao interesado cos recursos que procedan.
Notificada a resolución as persoas interesadas disporán dun ptrazo de dez días para a súa aceptación expresa. Transcorrido este prazo sen que se produza manifestación expresa entenderase que o interesado renuncia a axuda concedida.
A resolución que se dite neste procedemento esgota a vía administrativa e contra dela caberá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdicción contencioso-administrativa.
Poderase formular, con carácter postestativo, recurso de reposición no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
7º- Pagamento da subvención:
O pagamento do importe das axudas concedidas será transferido ao número da conta bancaria indicada polo solicitante.
8º- Persoas excluídas:
Non poderán obter a condición de beneficiarias do programa regulado nesta orde as persoas en que concorran as circunstancias sinaladas no número 2 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
- Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas
- Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, salvo que neste adquirese eficacia un convenio, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
- Dar lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.
- Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.
- Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal
- Non estar ao día de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.
- Ser sancionado mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galici, ou a Lei xeral tributaria.
- Ter pendente de pagamento algunha débeda coa Facenda Local do Concello de A Veiga
A xustificación por parte das persoas solicitantes de non estrar incursas nas prohibicións para a condición de beneficiaria, contidas nos números4 e 5 anteriores, realizaranse mediante declaración responsable.
9º- Obrigas das persoas beneficiarias:
As persoas beneficiarias desta subvención estarán obrigadas a:
- Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante o prazo mínimo dun ano.
- Contar con todolos permisos e autorizacións necesarios para o exercicio da actividade
- Estar ao corriente coas obrigas tributarias coas facendas estatais, autonómicas e locais así coma coa Seguridade Social .
- Declarar ante a Facenda Públicas os ingresos percibidos en concepto de subvención, de se-lo caso.
10.- Incompatibilidades e concorrencia.
Esta subvención será compatible con calqueira outra establecida nos distintos programas das administracións públicas ou organismos privados.
11º. - Consentimentos , autorizacións e datos de carácter persoal.
De conformidade coa Lei 4/2006, de transparencia e de boas prácticas , o Concello de A Veiga poderá publicar a relación de persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas , polo que a presentación da solicitude leva implicita a autorización para o tratamento necesarios dos datos das persoas beneficiarias.
Darase cumprimento ao disposto no Lei de Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal respecto dos datos persoais recollidos na tramitación desta subvención.
12º.- Réxime Xurídico.
As Axudas reguladas nestas Bases rexiranse ademáis polo disposto na Lei 9/2007, do 13 de Xuño, de Subvencións de Galicia e polo disposto no Decreto 11/ 2009. de 08 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de Subvencións de Galicia .
13º.- Entrada en vigor.
Estas bases expoñense ao público durante o prazo de oito días hábiles, contados dende o día seguinte ao da súa inserción do Bop , co fin de que os interesados poidan formular as reclamacións, observacións ou alegacións que estimen pertinentes .
Estas Bases entrarán en vigor transcorrido o prazo de oito días hábiles contados dende o día da súa inserción no Bop, sen que se teñen presentado reclamacións contra as mesmas.