Aluguer Bicicletas

O servizo de préstamo de bicicletas está dirixido a persoas maiores de idade, se ben os menores poderán gozar do servizo previa autorización expresa e acompañamento responsable dalgún dos seus pais ou titores legais.

O servizo estará dispoñible todo o ano. O servizo poderá ser suspendido por causas de forza maior (climatolóxicas...).

Para alugar bicicletas: cubrir o seguinte formulario

MTB
Medio día 6€
MTB
Día completo 10€
MTB Eléctrica
Medio día 8€
MTB Eléctrica
Día completo 12€
Tempo de uso
Escoller aluguer

Información do aluguer:

  • Horario de atención ao público: de martes a domingo de 10:00h a 20:00h
  • Mañán: Recollida ás 10h, e devolución ás 14h.

    Tarde: Recollida ás 16h, e devolución ás 20h.

    Día completo: Recollida ás 10h e devolución ás 20h

  • Lugar de recollida: Camping de Autocaravanas Encoro de Prada.
  • Forma de pago: Con tarxeta no momento da recollida.
  • MTB: Medio día 6€ / Completo 10€

  • MTB Eléctrica: Medio día 8€ / Completo 12€

Actividades e entretemento na zona:

  • SENDEIRISMO E CICLISMO: Rutas sinalizadas para explorar a contorna, PRG 211 SENDA VERDE DO XARES.
  • ACTIVIDADES NÁUTICAS: Acceso á praia do Coiñedo con aluguer de kaiaks, paddleboards, botes a pedal, bicicletas acuáticas ou excursións en catamarán.
  • DEPORTES AO AIRE LIBRE: Volei praia, fútbol praia e aluguer de bicicletas de montaña.