Igrexa Parroquial de Santiago Apostolo de Corzos
Qué Facer > Turismo Cultural > Igrexias

Pequeno templo parroquial de sillería granítica adicado a Santiago Apostólo. Descata a súa representación como Santiago Matamoros e como Santiago Peregrino.

Dende o século IX os reinos hispánicos viñan proclamando ó apóstol Santiago, o maior, patrón de España.

Este patronazgo nace a raíz da victoria das tropas hispánicas sobre as sarracenas, nome co que os cristiáns coñecían ós musulmans, na batalla de Clavijo o 03 de maio d0 ano 844.

Cando Ramiro I, rei do reino Hispano-Astur , se nega a darlle o tributo anual de cen doncellas ó Califa de Córdoba , Abderammán II, éste proclamalle a guerra.

Segundo a tradición, as forzas cristiáns perden ó combate o primeiro día. Pola noite o rei Ramiro I soña que o apóstolo Santiago lle promete á victoria.

A maña seguinte ataca con todalas súas forzas ós sarracenos, de súpeto, o apóstol Santiago aparece na famosa batalla de Clavijo, montado nun cabalo branco, levando unha bandeira branca na mán e unha espada centelleante na outra e derrota ós sarracenos.

En recordo deste feito, os reis da Reconquista española, dende o século IX declaran o apóstol Santiago, Patrón de España e establecen o Voto de Santiago.

O Voto de Santiago era un tributo que as terras conquistadas debían facer madiante a entrega dunha ofrenda á Igrexa do Santiago Apostolo en agradecemento pola victoria.