Novas

REHABILITACIÓN DE PRAZA PÚBLICA E DO SEU ENTORNO NA ALDEA MODELO DE MEIXIDE

CONCELLO DA VEIGA

decembro 2022 - Fonte: Concello da Veiga
decembro 2022 - Fuente: Concello da Veiga

Considérase necesario realizar estas intervencións de acondicionamento da praza, dos viais próximos e as súas melloras.O obxectivo non é outro que o de mellorar a zona que nos ocupa dotándoa dos servizos necesarios.

A localización na que se expoñen estas melloras, atópase na praza principal do núcleo de Meixide, nunha clara zona de montaña, ao redor de Pena Trevinca.

Esta rehabilitación da praza, tratará de integrar a praza na contorna e para que as persoas con mobilidade reducida, teñan un mellor acceso á devandita praza coa creación dunha nova rampla de acceso desde un dos seus laterais, ademais do acceso desde a fronte, xerando así, un espazo no centro do pobo sen barreiras arquitectónicas. Con respecto á actuación da praza principal do núcleo, procederase á roza e limpeza do terreo. A superficie total da praza será de 125,20 m2. Retiraranse as pedras existentes na praza para a súa posterior colocación no muro de contención, tanto no cara sur como no cara norte do acceso con rampla. Sobre o muro de contención do cara sur, colocarase unha varanda de ferro forxado. Debido ao desnivel das rúas, no cara norte, a praza terá unha rampla de formigón cepillado. A propia praza irá pavimentada cunha baldosa de pedra granítica tipo Silvestre de dimensións 60x40x4cm sobre soleira de formigón armado. No centro da praza, colocarase un pavimento de chan cemento para a correcta colocación de tres árbores para a incorporación de vexetación á praza. Estas melloras na pavimentación tratan de reducir o impacto visual do pavimento preexistente nunha contorna rural con construcións próximas e a pé de rúa con fachadas de pedra. Para iso, na nova pavimentación, realizaranse os bordos das rúas cun pavimento de lastra de Granito Silvestre, pedra similar ás fachadas das construcións próximas.

Con respecto á actuación de nova pavimentación, demolerase o camiño existente

para a construción dunha nova capa de firme. A superficie total será de 372.50 m2, proponse unha pavimentación de formigón cepillado de 15cm de espesor sobre mallazo 15x15 Ø 5mm para camiños con pendente entre o 10 e o 20% na parte central dos camiños, mentres que na zona que linda coas vivendas, para facilitar os encontros con estas, proponse unha tripla fiada de lastros de granito tipo Silvestre ou similar de 8x8x8cm asentados sobre unha capa de morteiro de 3cm de espesor e por encima dunha soleira de formigón HM-20/P/20 de 15cm.

Na actuación da nova rede de pluviais, proxéctase unha nova canalización de PVC SN-4 de diámetro 315mm, cunha lonxitude de 98.70m. A rede componse de 4 pozos de rexistro e de 1 sumidoiro para a evacuación das augas pluviais que incidan no vial.

En canto a equipamento, instalarase no núcleo de Meixide a sinalización dos seus

bens incluídos no inventario do patrimonio cultural mediante sinais en madeira, para que quede máis harmónico coa contorna.