Novas

A Veiga reafirma o seu espazo no astroturismo

astrotrevinca celebrarase o 22, 23 y 24 de setembro, e contará con expertos galegos do mundo da astronomía

08 de Setembro, 2017 - Fonte: LA REGION
08 de Setembro, 2017 - Fuente: LA REGION

A cuarta edición das xornadas "Astrotrevinca" celebrarase os días 22, 23 e 24 de setembro no concello de A Veiga. No acto de presentación que tivo lugar onte no Pazo Provincial estiveron presentes o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde da Veiga, Juan Anta; e o organizador das xornadas, Óscar Blanco.

Un ano máis, Astrotrevinca achegará a astronomía a todos os públicos. "Trátase dunha iniciativa que fomenta un segmento de turismo emerxente na provincia de Ourense, o astroturismo. É un dos recursos naturais que temos, e persegue dinamizar as zonas naturais, neste caso a zona de A Veiga e a montaña de Trevinca", explicou Rosendo Fernández.

O programa tratará temas como a enerxía escura, a contaminación lumínica, o clima e a fotografía nocturna. O sábado, ao longo do día, levaránse a cabo as cinco conferencias previstas. O organizador das xornadas sinalou que "imos a traer xente galega do mundo da astronomía para falar coa xente que non está tan preto deste mundo". Non é necesario ser un experto para poder contemplar as estrelas. Básicamente o obxectivo é "pasar unha fin de semana observando o mellor ceo que podemos ter aquí e desfrutar destas xornadas, sobre todo da astronomía como un atractivo, non exclusivamente como unha ciencia", apuntou Óscar Blanco. A programación conta cunha parte teórica e outra práctica.As noites do venres e do sábado estarán destinadas a observación do ceo. O domingo pola mañá realizarase unha observación solar cun telescopio específico.

O alcalde de A Veiga, Juan Anta, dixo que "este evento estase consolidando como referente da astronomía en Galicia". E resaltou que "vamos a seguir facendo máis infraestructuras e imos buscar as ferramentas para ser un referente a nivel español".