O Entroido da Veiga constitúe unha expresión das costumes e tradicións dun pobo de alta montaña en constante convivencia co mundo animal.

Deste xeito as representacións de animais ou de persoas disfrazadas de animais, incluso parodiando os aspectos máis salientables dos animais imitados ou o emprego de atributos animais, como os chocallos, veñen significar un mundo rural e campesiño:

  • O Boi
  • A parella de bois arando e sementando farelos
  • O Zamarreiro
O contacto entre mozos e mozas, homes e mulleres, prohibido ó longo do ano é permitido no Entroido, a xente tisnase con cinsas das lareiras ou coa ferruxe dos potes, manchan as meixelas con fariña incluso baixo da roupa, mulleres invertidas, a Lardeira vestida con roupa de muller...

Os Fulións deixan constancia do seu étnico desfilar, golpeando os bombos e os apeiros de labranza.

A gastronomía como unha forma de expresión cultural transcende o meramente culinario para converterse nunha mostra máis de tradición, dos usos sociais e da historia dos pobos. A abundancia de comida potencia o festivo destas celebracións, con farturentos xantares en cada pobo, antes de pasar o ciclo de xaxúnda Coáresma.