Órganos de Goberno
Organigrama > Órganos de Goberno

1º.- Area de Servizos Públicos :

Inclúe xestión e dirección dos servizos públicos encamiñados a prestación das competencias básicas atribuídas ao Municipio. ( Alumeado público, recollida de residuos,limpeza viaria, abastecementos , saneamentos, accesos e pavimentación ).

2º.- Area de Servizos Sociais e Deportes.

Inclúe os Programas de Servizos Sociais : Axuda no Fogar, Xantar na Casa, Teleasistencia , Educación de Familia, Educación xuvenil, Inserción Social, Voluntariado, Promoción e participación social.

3º.- Area de Deportes.

Inclúe os servizos municipais de Escolas Deportivas Municipais e demáis actividades de promoción deportiva , así coma actividades deportivas e de ocio e tempo libre na natureza.

4º.- Area de Turismo.

Inclúe os programas e actividades relativas a Información e promoción da actividade turística de interese e ámbito local .

Inclúe o Servizo de Oficina de Información Turística.

5º- Area de Igualdade .

Inclúe os programas e actividades municipais na loita contra todas formas de exclusión e discriminación , especialmente as que afecten a discriminación da muller , promocionando e fomentando as condicions que posibiliten a igualdade social de ambos sexos e a participación da muller na vida política, cultural, económica e social .

6º.- Area de Desenvolvemento Forestal e Gandeiro .

Inclué os programas e actividades municipias encamiñadas a prestación de servizos ao sector gandeiro así como ao desenvolvemento do sector forestal incluídos os programas de prevención e extinción de incendios forestais, encamiñadas a acadar un modelo de xestión forestal que garantice a multifuncionalidade do monte de xeito respetuoso co medio ambiente.

7º.- Area de Emprendemento e Desenvolvemento Rural .

Inclué os programas e actividades municipais encamiñadas ao desenvolvemento do potencial das áreas rurais , a diversificación da economía coa incorporación de novas actividades e impulsando a creación de novos proxectos que contribúan a posta en valor das zonas rurais .

Inclúe os Servizos Municipais de : Axencia de Desenvolvemento Local e Oficina de Fomento Cooperativo .